Merendas e recreos saudables

martes, 20 de mayo de 2014

OS FROITOS SECOS

Con motivo da conmemoración do Magosto e o Samaín no cole, trouxemos froitos secos que cultivamos nas casas e con eles xunto con outras froitas de tempada elaboramos cestas que expuxemos no cole. 



Ao mesmo tempo aproveitamos para facer un traballo e coñecer mellor as propiedades destes froitos. Así que buscamos información, redactamos e fixemos unha ficha técnica con diversos datos sobre eles. Aprendimos que os froitos secos son froitos que posúen na súa composición menos do 50% de auga e que son un dos alimentos máis completos que existen. Son moi enerxéticos e moi ricos en fibra e minerais e vitaminas. 


FROITOS SECOS


More PowerPoint presentations from dory

jueves, 15 de mayo de 2014

OS ALIMENTOS

Unha vez estudados os nutrientes comezamos o estudo dos alimentos e a súa clasificación que pode ser moi diferente en función de:
  • A súa composición: alimentos orgánicos e alimentos inorgánicos.
  • Segundo a súa orixe: alimentos de orixe animal, vexetal ou mineral.
  • Segundo a súa función: alimentos enerxéticos, alimentos construtores, plásticos ou formadores e alimentos reguladores ou protectores.
Utilizando a parada de tres minutos, a lectura compartida e o folio xiratorio elaboramos a seguinte información:


Alimentos


More PowerPoint presentations from dory

OS NUTRIENTES

Unha das primeiras dúbidas que nos xurde no noso proxecto é coñecer cal é a diferenza entre nutrientes e alimentos. Pero, que son en realidade os nutrientes e os alimentos? Cantos tipos de nutrientes existen?

Comezamos o noso estudo buscando información sobre os nutrientes e os tipos de nutrientes que existen e procedimos a redactar e elaborar o noso traballo usando como metodoloxía de traballo o traballo cooperativo (parada de tres minutos, lectura compartida e folio xiratorio). Ao final quedounos clara a diferenza entre alimentos e nutrientes e aprendimos que hidratos de carbono, fibra alimentaria, graxas ou lípidos, proteínas, vitaminas e minerais son fundamentais na nosa dieta. Aquí tendes as nosas conclusións: 

NUTRIENTES

More PowerPoint presentations from dory