Merendas e recreos saudables

MERENDAS E RECREOS VARIADOS


MERENDAS E RECREOS VARIADOS
Na etapa infantil a merenda e o recreo son dous momentos moi importantes e unha boa ocasión para completar a nosa alimentación. Por eso aproveitamos a ocasión para tomar alimentos saudables e seguir co programa de "Merendas variadas" que xa estaban levando a cabo os máis cativos do cole.

 

Uns conselliños: 


  • Bocadillos: de pan crocante e tamaño axeitado a nosa idade e variados, doces ou salgados: de queixo, embutidos magros, atún, vexetais (tomate, leituga, pepinillo...), marmelo, marmelada...
  • Froitas: aportan moita fibra e vitaminas. Mellor de tempada e fresca, troceadas nunha caixiña ou enteiras. Os froitos secos son outra alternativa.
  • Lácteos: envases de leite, iogur ou queixo mellor que batidos industriais, natillas ou flans que posúen moito azucre e colorantes.
  • Cereais: pan, cereais integrais,... que proporcionan moita enerxía.
  • Doces: como moito unha vez á semana.
  • E recorda beber moita auga.         

LÁCTEOS NOS RECREOS


Os lácteos son esenciais na nosa alimentación porque son ricos en calcio que é fundamental para o crecemento dos ósos. Debemos tomar o equivalente a medio litro de leite ao día, ou sexa 2 ou 3 racións de lácteos ao día. Podemos tomalos tamén desnatados. Os lácteos azucrados non debemos tomalos tódolos días.


Levamos a cabo unha campaña no cole, na que colaborou o Concello de Salvaterra,   os luns, mércores e venres durante os meses de novembro e decembro de distribución dun iogur durante o recreo.
-         


MARMELADA NOS RECREOS


A marmelada foi outra das formas na que tomamos  froita no cole. 
No obradoiro de cociña que se celebrou no centro na segunda quincena do mes de outubro elaboramos, envasamos e etiquetamos marmelada de mazá.
Unha vez feita e posto que nos saíron riquísimas convidamos ás nais e pais, e a que quedou no cole… seguímola tomando durante os recreos os martes e xoves no mes de novembro. So precisabamos unha rabenada de pan. Boísima!!!



FROITA:
Recoméndase tomar polo menos tres porcións de froita ao día, preferiblemente enteiras e unha delas rica en vitamina C.
Este ano o cole participou novamente na campaña do Plan de Consumo de Froitas nas escolas. Durante o recreo distribuíuse e tomamos unha ración (150-200 gramos) de froita fresca durante as semanas:
27-31 de xaneiro
24-28 de marzo
26-30 de maio

No hay comentarios: