Merendas e recreos saudables

jueves, 12 de junio de 2014

DEBUXANDO CON ALIMENTOS

Para rematar o curso e imitando ao pintor italiano Giuseppe Arcimboldo (1527-1593), que inventou un estilo de retrato no que o rostro estaba composto por flores, froitas e alimentos colocados de tal xeito que asemellaba ao suxeito retratado; fixemos un folio xiratorio co que creamos os nosos retratos. Esperamos que vos gusten!



miércoles, 11 de junio de 2014

A MACEIRA

Para conmemorar o día da árbore, plantamos no cole unha maceira: árbore da familia das rosáceas (Malus domestica) de folla caduca.
A ver si o vindeiro curso nos agasalla con apetecibles mazás!


PIRÁMIDE E RODA ALIMENTARIA, ALIMENTICIA OU NUTRICIONAL



A pirámide alimentaria, alimenticia ou nutricional é un gráfico de forma triangular que indica a frecuencia e a cantidade de consumo recomendado de cada grupo alimentos para conseguir unha dieta sa e equilibrada. Inclúe todos os grupos de alimentos, dende os alimentos de consumo ocasional que se sitúan no vértice do gráfico ata os de consumo diario que se sitúan na base.

Hai distintos modelos de pirámide nutricional que foron creadas a comezos da década dos 70. A máis coñecida foi a Pirámide do Ministerio de Agricultura de EEUU de 1.992 posteriormente revisada e actualizada e substituída na actualidade polo Meu Prato (MyPlate) en 2.011.
Comezamos o estudo dalgunhas das pirámides e rodas nutricionais máis usuais buscando información sobre elas e redactando e elaborando o noso traballo usando como metodoloxía de traballo o traballo cooperativo (parada de tres minutos, lectura compartida e folio xiratorio). Aquí tendes o noso traballo.

Pirámide e Roda alimenticia


More PowerPoint presentations from dory

ESTUDANDO AS FROITAS

Aproveitando a distribución de froita nos recreos no cole, acordouse facer un estudo das froitas que íamos tomar. O terceiro ciclo estudamos a pera, a mandarina e o kiwi. Comezamos o noso estudo buscando información sobre as mesmas (parada de tres minutos e lectura compartida): árbore, orixe, época óptima de consumo, como mercalas, conservación, propiedades, características e variedades, valor nutricional e usos...
Despois redactamos e elaboramos unha ficha sobre cada unha destas froitas (folio xiratorio).

FROITA NOS RECREOS



As froitas son os froitos carnosos comestibles das plantas. Son indispensables na nosa alimentación e  moi ricos en fibra, antioxidantes e vitaminas e minerais. O consumo de 5 racións de froita e hortalizas (400gr ) ao día é indispensable para levar una alimentación equilibrada.

Recoméndase tomar polo menos tres porcións de froita ao día, preferiblemente enteiras e unha delas rica en vitamina C.
Este ano o cole participou novamente na campaña do Plan de Consumo de Froitas nas escolas. Durante o recreo distribuíuse e tomamos unha ración (150-200 gramos) de froita fresca durante as semanas::

27-31 de xaneiro

24-28 de marzo

26-30 de maio

ETIQUETAXE DOS ALIMENTOS

Unha vez elaborada e envasada a marmelada de mazá elaboramos as etiquetas da mesma. Pero que é o que tiñamos que indicar nas etiquetas e para que serven?
Indicamos a súa orixe, elaboración, data de caducidade, instrucións de almacenamento, advertencias sobre alerxias e contido e outros datos de interese nutricional.
A etiqueta nutricional indica o contido en nutrientes (segundo o tamaño da porción de consumo habitual e por 100 gramos)
Non te esquezas que antes de elixir un alimento, debes consultar a etiqueta nutricional. 


ELABORACIÓN E DEGUSTACIÓN DE MARMELADA

A marmelada é unha das formas na que podemos tomar a froita. No obradoiro de cociña que se celebrou no centro na segunda quincena do mes de outubro elaboramos, envasamos e etiquetamos marmelada de mazá. Unha vez feita e posto que nos saíron riquísimas convidamos ás nais e pais á degustación da mesma polo que tivemos que escribir as invitacións para as nosas familias sen esquecernos de ningún dato: nome do convidado; información e propósito do evento; e a data, a hora e a dirección da celebración.

martes, 20 de mayo de 2014

OS FROITOS SECOS

Con motivo da conmemoración do Magosto e o Samaín no cole, trouxemos froitos secos que cultivamos nas casas e con eles xunto con outras froitas de tempada elaboramos cestas que expuxemos no cole. 



Ao mesmo tempo aproveitamos para facer un traballo e coñecer mellor as propiedades destes froitos. Así que buscamos información, redactamos e fixemos unha ficha técnica con diversos datos sobre eles. Aprendimos que os froitos secos son froitos que posúen na súa composición menos do 50% de auga e que son un dos alimentos máis completos que existen. Son moi enerxéticos e moi ricos en fibra e minerais e vitaminas. 


FROITOS SECOS


More PowerPoint presentations from dory

jueves, 15 de mayo de 2014

OS ALIMENTOS

Unha vez estudados os nutrientes comezamos o estudo dos alimentos e a súa clasificación que pode ser moi diferente en función de:
  • A súa composición: alimentos orgánicos e alimentos inorgánicos.
  • Segundo a súa orixe: alimentos de orixe animal, vexetal ou mineral.
  • Segundo a súa función: alimentos enerxéticos, alimentos construtores, plásticos ou formadores e alimentos reguladores ou protectores.
Utilizando a parada de tres minutos, a lectura compartida e o folio xiratorio elaboramos a seguinte información:


Alimentos


More PowerPoint presentations from dory

OS NUTRIENTES

Unha das primeiras dúbidas que nos xurde no noso proxecto é coñecer cal é a diferenza entre nutrientes e alimentos. Pero, que son en realidade os nutrientes e os alimentos? Cantos tipos de nutrientes existen?

Comezamos o noso estudo buscando información sobre os nutrientes e os tipos de nutrientes que existen e procedimos a redactar e elaborar o noso traballo usando como metodoloxía de traballo o traballo cooperativo (parada de tres minutos, lectura compartida e folio xiratorio). Ao final quedounos clara a diferenza entre alimentos e nutrientes e aprendimos que hidratos de carbono, fibra alimentaria, graxas ou lípidos, proteínas, vitaminas e minerais son fundamentais na nosa dieta. Aquí tendes as nosas conclusións: 

NUTRIENTES

More PowerPoint presentations from dory

viernes, 17 de enero de 2014

APRENDER A COMER É DOADO

Unha dieta equilibrada debe proporcionar a enerxía e os nutrientes necesarios ao noso organismo tendo en conta as nosas necesidades individuais: edad, sexo, estilo de vida, actividade física...