Merendas e recreos saudables

miércoles, 13 de mayo de 2015

FROITA NA ESCOLA


Recoméndase tomar polo menos tres porcións de froita ao día, preferiblemente enteiras e unha delas rica en vitamina C.
Este ano o cole participou novamente na campaña do Plan de Consumo de Froitas nas escolas. Durante o recreo distribuíuse e tomamos unha ración (150-200 gramos) de froita fresca durante as semanas:
26-30 de xaneiro
23-27 de marzo
25-29 de maio
 

martes, 12 de mayo de 2015

RECIPES BOOK - LIBRO DE RECEITAS

Como o noso centro está implementado dende o curso escolar 2.012-2.013 o Portfolio Europeo das Linguas (PEL) mediante o deseño dunha actividade trimestral, decidimos facer un libro de receitas con pratos típicos galegos, españois e ingleses. Esta actividade estivo coordinada pola teacher Alba e nela participamos conxuntamente cos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil que nos axudaron a poñer os ingredientes e facer as ilustracións.




LÁCTEOS NOS RECREOS

Os lácteos son esenciais na nosa alimentación porque son ricos en calcio que é fundamental para o crecemento dos ósos. Debemos tomar o equivalente a medio litro de leite ao día, ou sexa 2 ou 3 racións de lácteos ao día. Podemos tomalos tamén desnatados. Os lácteos azucrados non debemos tomalos tódolos días.


Levamos a cabo unha campaña no cole, na que colaborou o Concello de Salvaterra,  durante os meses de decembro e xaneiro de distribución dun iogur durante o recreo.

MERENDAS E RECREOS VARIADOS

Na etapa infantil a merenda e o recreo son dous momentos moi importantes e unha boa ocasión para completar a nosa alimentación. Por eso aproveitamos novamente a ocasión para tomar alimentos saudables e seguir co programa de "Merendas variadas" que xa estabamos levando a cabo o curso pasado. 



Aquí tedes algúns consellos: 

  • Bocadillos: de pan crocante e tamaño axeitado a nosa idade e variados, doces ou salgados: de queixo, embutidos magros, atún, vexetais (tomate, leituga, pepinillo...), marmelo, marmelada...
  • Froitas: aportan moita fibra e vitaminas. Mellor de tempada e fresca, troceadas nunha caixiña ou enteiras. Os froitos secos son outra alternativa.
  • Lácteos: envases de leite, iogur ou queixo mellor que batidos industriais, natillas ou flans que posúen moito azucre e colorantes.
  • Cereais: pan, cereais integrais,... que proporcionan moita enerxía.
  • Doces: como moito unha vez á semana.
  • E recorda beber moita auga.         

miércoles, 6 de mayo de 2015

MATEMÁTICAS E ALIMENTACIÓN

Este ano no cole estamos a traballar o Proxecto "MatemáticaMente", e como a alimentación ten unha clara vocación matemática, decidimos buscar todos aqueles conceptos matemáticos relacionados cos alimentos e atopamos unha morea deles: calorías, porcentaxes, unidades de tempo, cantidade, lonxitude e masa, operacións matemáticas, cantidade, fraccións, gráficas, formas, diñeiro... Todos eles conceptos matemáticos necesarios para comprender a alimentación e que aquí os deixamos: 
ImageChef.com